Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
QUIÉN ERES Y POR QUÉ TIENES MI NÚMERO
Claudia é profesora de historia nun instituto e, aínda que leva unha vida tranquila e ordeada, unha noite de copas coa súa amiga Moni pode ser imprevisible. Sen saber como nin cando, pois non lembra absolutamente nada da saída nocturna coa súa amiga, Claudia remata a noite falando cunha descoñecida, sentadas na area da praia, fronte ao mar. Dita descoñecida é Majo, unha «paisaxista» con moita labia e un carisma arrasador. Á mañá seguinte espertase cunha resaca importante, o bolso cheo de conchas e unha mensaxe no seu teléfono dun número que non coñece. Quen será esa persoa que ten un león mariño como foto de perfil? Máis coñecida nas redes como @TomorrowJuana, Cristina González publica a súa terceira novela con LES Editorial, Quién eres y por qué tienes mi número, que ten a novidade de estar escrita na súa totalidade con conversas de chat. Así que podemos gozar dun dos puntos fortes da autora: os diálogos frescos, áxiles, divertidos e mordaces, que che sacarán máis dunha sorrisada e máis dun rubor.