Rebeldes del deseo: Gais, lesbianas y bisexuales en la creación artística del siglo XX – Plastic Books
-5% DTO
Rebeldes del deseo: Gais, lesbianas y bisexuales en la creación artística del siglo XX – Plastic Books

Rebeldes del deseo: Gais, lesbianas y bisexuales en la creación artística del siglo XX

PLAZA & JANÉS
CARLOS BAREA
Prezo en oferta €20,80 EUR €21,90 EUR
-5% DTO
IVE incluído.
Páxinas
240 pp.
Idioma
Castelán
Editorial
Plaza & Janés
Ano
2025
ISBN
9788401036712
Dimensións
15.11 x 1.65 x 22.99 cm
Escrito por
Carlos Barea

Os grandes creadores LGTB do século XX como nunca antes che os contaran.

¿Sabías que Tórtola Valencia, unha das bailarinas máis famosas do primeiro terzo do século XX, tivo que adoptar á súa noiva para que puidese herdar e agora están enterradas como nai e filla nun cemiterio de Barcelona? ¿E que Luis Cernuda, un dos grandes da xeración do 27, escribiu Poemas para un cuerpo inspirado nun culturista mexicano do que se namorou? ¿A que tampouco sabías que Francis Bacon, un dos pintores británicos máis importantes do século XX, morreu en Madrid porque veu a España para atoparse cun noivo ou que Carmen Conde, primeira muller en ingresar na Real Academia da Lingua Española, compartiu gran parte da súa vida con outra muller?

Esta é só unha pequena mostra dos nomes que poderás atopar nas páxinas deste ensaio pulgativo que, cun estilo áxil e directo, pretende dar o seu lugar a uns artistas que tiveron que agocharse debido á súa disidencia sexual ou ben arriscarse a sufrir as consecuencias de vivila en liberdade. E é que biografías como a de Gil de Biedma, Miguel de Molina ou Mari Trini, entre outras, servirannos para reconstruír parte da memoria cultural disidente do século XX, ademais de para demostrar que os rebeldes do desexo, eses que tiveron que enfrontarse ás normas sociais establecidas, sempre estiveron aí.

Biografía do autor

Carlos Barea (Granada, 1987) é graduado en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade Rei Xoán Carlos, máster en Escrita Creativa pola escola Hotel Kafka e máster en Estudos LGBTIQ+ pola Universidade Complutense de Madrid. Colabora con varios medios, entre os que destaca o programa de TVE Cine de Barrio, a revista Shangay ou o suplemento cultural El Asombrario, ademais de traballar como editor e lector profesional para diferentes selos editoriais.

En relación coa súa faceta de escritor, en 2020 publicou a súa primeira novela, Bendita tú eres (Egales), e en 2023 coordinou as obras colectivas Flores para Lola. Una mirada queer y feminista sobre la Faraona (Dos Bigotes & Egales), Ocaña. El eterno brillo del Sol de Cantillana (Dos Bigotes) e Pepe Espaliú. Visibilidad, experiencias y construcciones culturales en torno al VIH (Flores Raras). En 2024 coordinou Eloy de la Iglesia. El placer oculto del cine español (Dos Bigotes) e traballou no guion do documental La última noche de Sonia Martínez (RTVE).

Título
Rebeldes del deseo: Gais, lesbianas y bisexuales en la creación artística del siglo XX
Autor
Carlos Barea
Editorial
Plaza & Janés
Ano
2025
Páxinas
240 pp.
Encadernación
Brando
ISBN
9788401036712