Estes son os artigos que atopamos.
Regresar a Lancelot
É posible habitar o mito? Regresar a Lancelot, de Fabio Carreiro Lago, non é só unha novela: é unha viaxe emocional e simbólica ao corazón da illa e do desexo. Non atoparán nesta novela nomes propios nin unha trama convencional, senón unha constelación de emocións que se len como unha carta astral. Cunha prosa delicada e valente, Regresar a Lancelot fala do amor e da súa imposibilidade, do que fomos e aínda arde.A través dunha lectura particular de Lancelot, 28º-7º de Agustín Espinosa por parte do protagonista, esta obra debuxa unha ponte entre o pasado vangardista e unha mirada contemporánea, queer e profundamente humana.E é, sobre todo, unha historia sobre a necesidade de volver: á illa, ao perdido, ao que se estremece como unha ferida luminosa.