Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Rocky Horror: A Behind the Scenes Look at the Cult Classic
Do lendario fotógrafo de rock Mick Rock, este volume visual percorre o universo de The Rocky Horror Picture Show a través da súa fotografía behind the scenes. Inclúe imaxes inéditas tomadas durante a rodaxe, entrevistas con membros do reparto e un prólogo do propio Richard O’Brien, autor do texto orixinal e actor que deu vida a Riff Raff.
A exaltación que Richard O’Brien fai do camp de serie B e da fluidez sexual deu lugar a unha das películas máis estrañas e adictivas xamais realizadas. Tras escribir o espectáculo teatral, O’Brien asociouse con Jim Sharman para trasladar o seu mundo desbordado e irreverente á gran pantalla. Aínda que foi un fracaso no seu estreo, The Rocky Horror Picture Show resurgiu grazas ás proxeccións de medianoite en salas alternativas e, co paso das décadas, converteuse nun fenómeno cultural. O público non só a vía, vivíaa, participando activamente con disfraces, obxectos e respostas colectivas. Hoxe ostenta o récord da exhibición cinematográfica máis lonxeva da historia, cunha recadación próxima aos 225 millóns de dólares ao longo de case cincuenta anos.
Durante as seis semanas de rodaxe estivo presente Mick Rock, coñecido polas súas imaxes icónicas de David Bowie, Queen, T. Rex, Iggy and the Stooges e Blondie. “Déronme total liberdade para entrar e saír cando quixese”, lembra Rock. “Puiden fotografar todo o que chamase a miña atención ou despertase a miña imaxinación”. Ademais de documentar a rodaxe, captou a enerxía singular e os momentos íntimos compartidos polo reparto e o equipo técnico.
Por primeira vez, estas fotografías excepcionais reúnense xunto ás notas persoais de Mick Rock, entrevistas cos actores e diverso material de produción nunha coidada edición a todo cor. Un volume definitivo concebido para millóns de seguidores, publicado con motivo do 50 aniversario do estreo da película.