Clark viviu o mesmo día 309 veces. Sen parar. Está atrapado nun bucle temporal e, ao parecer, non hai nada que poida facer para detelo. Ata que o día 310 resulta ser... diferente. De súpeto, a súa clase habitual de trigonometría vese interrompida por unha anomalía: un rapaz ao que nunca vira. Clark nunca se imaxinara que podería namorarse nun só día. Será Beau a resposta á súa soidade? E se o é, poderá construír un futuro con el sen saber se haberá un mañá?