«Un libro literalmente deslumbrante. David Hockney estaría de acordo con Jean Dubuffet cando di que a arte é tan necesaria como o pan para os seres humanos. Sen o pan, di Dubuffet, morren de fame; sen a arte, morren de tedio».
Antonio Muñoz Molina, Babelia, El Pais
«A historia das imaxes comeza nas covas e remata, por agora, na pantalla do ordenador. Quen sabe cara onde irá no futuro? Non obstante, o desafío segue sendo o mesmo: como representar o mundo tridimensional sobre unha superficie de dúas dimensións».
David Hockney
Con a experiencia e o entusiasmo de toda unha vida dedicada a pintar, debuxar e crear imaxes con cámaras, David Hockney —nunha estimulante conversa co crítico de arte Martin Gayford— explora como e por que se crearon as imaxes ao longo dos milenios. Coa xustaposición dunha rica variedade de imaxes, os autores cruzan as habituais fronteiras entre a cultura elevada e o entretemento popular e establecen relacións inesperadas a través do tempo e dos diferentes medios. Cun capítulo final revisado onde figuran algunhas das últimas obras de Hockney, este libro tan eloxiado pola crítica daranos pé para ver eses cadros que xa coñecemos como se os contemplásemos por primeira vez.
CON 310 ILUSTRACIÓNS