Estes son os artigos que atopamos.
Benditas bilocadas (Vol. 2)
Benedetta é unha monxa que vive na Italia do Barroco. A Inquisición condenouna a reclusión perpetua na súa cela do convento por «deitarse con outra irmá». Con todo, desenvolveu un estraño don: o de bilocarse. Pode estar en dous lugares ao mesmo tempo, atravesando o espazo e o tempo.
Ese poder lévaa ata o piso de Inés, unha estudante de teatro no ano 2023. Xuntas emprenderán unha viaxe insólita cara ao futuro que rematará na prisión de Saratovia, onde son encarceradas as persoas que se rebelan contra a ditadura xenetista que goberna o país. Alí coñecerán a Aivory e descubrirán o sentido de todos os desastres e malentendidos que a bilocación provocou.
Benditas bilocadas é unha obra de teatro escrita en tono de comedia, na que a autora aborda algúns dos seus temas predilectos: os planetas futuros, as monxas lesbianas, o encontro entre culturas e a posibilidade do amor a través das épocas.