Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Scream Queer 2 - La Venganza
Javier Parra volve á carga cunha segunda entrega de 'Scream Queer', o seu exitoso repaso á historia do cine de terror e fantástico desde unha perspectiva LGTBIQ+.
Unha regra non escrita do cine de terror é que se a primeira parte funciona, prepárate para a secuela. Tres anos despois de Scream Queer. A representación LGTBIQ+ no cine de terror, Javier Parra volveu para abrirse en canal. Outra vez.
Ademais de adentrarse no ghosting, as relacións tóxicas e outros horrores da vida adulta, nas páxinas de Scream Queer 2. A vinganza atoparedes un novo repaso a películas de culto (desde ¿Qué fue de Baby Jane? a Caramelo asesino); a reivindicación de cineastas que forman parte do espectro do queer (Curtis Harrington, Frank Henenlotter e outros tantos) ou a revisión de artefactos cinematográficos que se moven nos límites do fantástico.
Volven monstros clásicos esquecidos, as divagacións arredor de La posesión de Zulawski, os cenobitas da saga Hellraiser e as reinterpretacións máis actuais da Nova Carne. Alieníxenas cachondos e criaturas tentaculares comparten espazo cun cine noir de corte perverso, dramas psicolóxicos que te afundiran na miseria, porno arty que quere ser fantastique e un montón de propostas de onte e de hoxe aclamadas polo colectivo LGTBIQA+.