Resultados de busca para «»
Estes son os artigos que atopamos.
Estes son os artigos que atopamos.
Desde o mesmo momento en que se publicou The Big Penis Book, os lectores empezaron a contar os días ata que aparecese The Big Book of Pussy. Ben, de acordo: quizais non os mesmos lectores, pero o certo é que se sementara unha idea e comezaron a sucederse as cartas e as chamadas. Unha vez publicado o tan agardado libro, algúns lectores sentíronse abrumados, ademais de pola variedade e a abundancia, polas dimensións do libro. En palabras dun crítico: “hai que recoñecerlle a Amazon o mérito de contar con embalaxes tan robustas. Quen quere que o carteiro saiba que mercou un libro sobre entrepernas que pesa dúas toneladas?”.
Hai quen pensa que os excesos non son bos; para esas persoas concibimos unha versión reducida de The Big Book of Pussy co mellor que pode ofrecer o libro, un volume lixeiro que pon nunha perspectiva diferente este material tan explícito e provocador. Agora é posible seguir con maior facilidade a evolución da exposición xenital ante a cámara, ao longo de 100 anos de fotografías cun elemento común: o pracer exhibicionista co que as modelos revelan a súa pulcritude feminina. E con máis de 150 fotografías (36 novas nesta edición) desa criaturiña tan adorable e esquiva, sen textos engorrosos que interrompan o ritmo e todo nun formato que de ningún xeito pode lesionar o lombo do carteiro, é moi posible que creásemos o autorregalo perfecto para este ano.