Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
The Little Book of Tom: Military Men
Cando pensamos en Tom of Finland, o primeiro que nos vén á cabeza son mozos moi machos, musculosos e vestidos de militar. A visión da perfección masculina de Tom forxouse mentres prestaba servizo como oficial do exército na Segunda Guerra Mundial. Aínda que se alistou no Exército do Aire finlandés, foron as tropas alemás, asentadas en Finlandia para repelir a invasión do exército ruso, as que lle serviron de inspiración. Ao fin e ao cabo, só os alemáns levaban uniformes creados por Hugo Boss que encaixaban coma un guante, non escatimaban en toques de deseño e complementábanse con relucentes botas de cana alta de coiro. Tom, que por entón tiña 19 anos, quedou prendado deles, unha obsesión que foi a máis tras manter as súas primeiras experiencias sexuais con oficiais alemáns nas rúas escuras de Helsinki.
Tom comezou a plasmar as súas fantasías militares en papel en 1945, cando rematou a guerra, para lembrar os seus excitantes encontros nocturnos. Ao principio os uniformes de Hugo Boss protagonizaban todos os seus debuxos, pero co paso dos anos e as décadas ampliou o abano á indumentaria da Mariña dos Estados Unidos e, despois, aos seus propios deseños híbridos de coiro negro, pantalóns de montar, botas e gorros de prato, con emblemas creados para substituír as insignias militares. A medida que Tom atraeu a unha multitude de adeptos, creou con lapis, pluma e acuarela un exército de homes masculinos, libres e impoñentes comprometidos co pracer e a camaradería masculina.
The Little Book of Tom: Military Men explora a fascinación de Tom pola indumentaria militar cunha combinación de tiras de cómics, debuxos e ilustracións a toda páxina nun formato compacto e accesible de 192 páxinas. Os fotogramas e pósteres de películas históricas, as fotografías, os bosquexos e as imaxes de referencia do artista desgranan o contexto cultural e as inspiracións persoais tras o heroe por excelencia de Tom of Finland.