Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Jo Era Un Noi
Un texto descarnado e valente que chama ás cousas polo seu nome.
Un rapaz de 16 anos entra na habitación do hospital onde o seu pai está en coma, rodeado de máquinas que o manteñen con vida. O rapaz sabe que debe despedirse e que é a última oportunidade para confesarlle todo aquilo que nunca lle dixo: a súa verdadeira identidade, e o medo e a vergoña que sempre sentiu diante deste home que agora se apaga.
Jo era un noi é un libro de loito. O narrador diríxese ao seu pai e, ao mesmo tempo, explícase a si mesmo todo o que calou durante a infancia e a mocidade. É unha viaxe de indagación a través de escenas da súa vida que percorre a arqueoloxía familiar: a emigración do avó de Galicia ao barrio da Zona Franca nos anos cincuenta, a fábrica da SEAT, un piso enfermo de aluminosis, ata chegar a comprender a súa identidade e a súa sexualidade.
Un relato que pon nome, sen rodeos, ao amor, o odio, a clase, o desexo e o medo, e que rompe a cadea dunha masculinidade asfixiante e opresiva que une o avó e o pai, o pai e o fillo.